Ares principia coa tempada de Nadal

Comparte esta nota de prensa

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado de simbolismo: entre as súas polas quedaron colgados os mellores desexos da veciñanza para o vindeiro 2025.

Os nenos e nenas aresáns, boli en man, encargáronse de confeccionar as bolas de Nadal e colocar dentro delas as súas mensaxes. E despois de rematar coa decoración da árbore, tocoulle a Julián, un dos pequenos que se sumou á iniciativa, acender todas as luces navideñas do municipio.

A este acto de inauguración do Nadal en Ares asistiron o alcalde, Julio Ignacio Iglesias, e a concelleira de Cultura, Alma Barrón, como coordinadora da súa organización.

Que se cumpran todos os bos desexos!

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,