Será o próximo 20 de maio na Praza da Constitución. Organizada pola Asociación Ares Solidario, en colaboración co Concello e a Xunta Local da AECC, a feira converteuse nun evento do máis esperado cada ano na nosa contorna.
A programación inclúe un desfile de carrozas polo paseo marítimo ás 18:30 horas, encabezado por unha carroza da Asociación Cultural “O Tilo” e amenizado coa música en vivo de “Os Pimos”. Xa na praza, o programa festivo incluirá actuacións de grupos como Azahar de Ares e Tirititán de Ferrol, entre outros. A feira ofrecerá ademais unha ampla variedade de comida e bebida, incluíndo doces, salgados, os típicos “rebujitos” e moitas sorpresas. Os beneficios que se obteñan durante a xornada serán destinados integramente á AECC.
Todas as persoas interesadas poden colaborar de diversas maneiras, por exemplo, decorando os seus negocios ou vivendas para axudas a recrear o ambiente da Feira, achegando algunha sobremesa ou algunha elaboración salgada, doando algún agasallo no caso dos negocios ou acudindo ao evento con vestimenta para a ocasión e moitas ganas de pasalo ben.
Participa e goza da Feira Rociera Solidaria de Ares e apoia unha boa causa!