Ares organiza cine de verán ao aire libre para toda a familia

Comparte esta nota de prensa

En colaboración coa Deputación da Coruña e a secretaría xeral de política lingüística, a Concellería de Cultura preparou unha nova edición desta actividade, que forma parte da programación cultural local desde fai máis de dez anos.

A proposta está dirixida principalmente a un público familiar e contará con películas de animación e comedia aptas para todas as idades.

O ciclo de proxeccións constará de tres películas, dúas das cales se presentarán en xullo e a outra en agosto. A primeira función terá lugar o vindeiro xoves.

Segundo o calendario establecido polo Concello, o cine ao aire libre dará comezo o 13 de xullo ás 22:30 horas na Praza da Constitución da vila, coa proxección da película “Coma unha bala” (2021). Esta comedia familiar é unha adaptación dunha película francesa e está dirixida por Santiago Segura baixo a produción de Warner Bross. A trama segue a divertida aventura dun pai e un avó que deben atopar a un grupo de nenos extraviados antes de que os demais país se decaten.

O 23 de xullo exhibirase “Encanto” (2021), unha película animada de fantasía infantil producida por Walt Disney. Ambientada en Colombia, narra as experiencias da familia Madrigal, dotada de dons máxicos, e a loita da protagonista, Mirabel, por salvar á súa familia e o seu fogar. A proxección tamén levará a cabo ás 22:30 horas na Praza da Constitución.

Este ciclo de cine de verán concluirá en agosto, cunha función programada para o 10 de agosto ás 22:00 horas, no mesmo lugar que as anteriores proxeccións. Trátase da comedia familiar “Cuñados” (2021), na que Eduardo e o seu cuñado Sabonis vense involucrados nun secuestro como solución aos seus problemas financeiros. Con todo, as cousas non saen como o planeado, dando lugar a situacións cómicas e enredos familiares.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña