Ares licita os traballos de mellora do acceso á praia do Xuncal dende Os Castro

Comparte esta nota de prensa

A intervención afectará ás escaleiras, a senda e a rampla de entrada e saída ó areal urbano, con deficiencias no estado da madeira que as conforman

As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 22 de febreiro. 

A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar a licitación das obras para a mellora da accesibilidade e posta en valor da contorna da praia do Xuncal, no núcleo urbano de Ares, un dos puntos de maior número de visitantes e usuarios durante a época estival. A intervención traducirase nunha renovación completa do acceso dende a Avenida de Os Castros, substituíndo as escaleiras, a senda e a rampla de madeira por unhas novas. Así, as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 22 de febreiro.

Estes traballos serán continuistas coa renovación anterior realizada na contorna da praia, coa mesma tipoloxía de materiais, mais tamén co foco posto tanto na mellora da seguridade coma da accesibilidade, facilitando e fomentando un uso de calidade de toda a área.

Segundo o proxecto técnico, a eliminación de barreiras favorecerá o seu acceso, mais tamén o seu desfrute en termos de turismo mariñeiro. As obras contarán cun prazo de execución aproximado de 5 meses e ascenden a un importe total de 49.421,60 euros, impostos incluídos, sufragados entre o GALP Ártabro Norte e as arcas municipais.

Con esta e outras intervencións previas ou futuras, deséxase potenciar e favorecer un motor socioeconómico de primeira magnitude para a localidade, principalmente polo turismo mariñeiro, polo interese para a pesca deportiva e o gran uso que se desenvolve no areal. En última instancia, a eliminación de barreiras e a renovación de infraestruturas configurarán unha praia do Xuncal máis accesible e segura para toda a veciñanza e visitantes.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña