Ares e Mugardos renovan o equipamento deportivo do Complexo Acuático do Castro

Comparte esta nota de prensa

Ao longo desta semana instaláronse tres bicicletas elípticas, tres bicicletas estáticas e tres cintas de correr na súa sala de ximnasio

As instalacións do Complexo Acuático do Castro, de titularidade compartida entre os Concellos de Ares e de Mugardos, contan dende os inicios desta semana con nova maquinaria no seu ximnasio, tras a renovación acometida por ambas entidades municipais.

Aproveitando a execución desta medida, Noelia Montero, concelleira de Deportes de Ares, fixo fincapé “no necesario que era este cambio para unha mellora do servizo na sala”, ao ser “unha das demandas máis urxentes por parte dos usuarios”. Tamén salientou a constante “involucración de Ares no Complexo, pendentes das necesidades que xurden na súa xestión diaria”.

Esta actualización do equipamento para a práctica deportiva implicou a instalación de tres bicicletas elípticas, outras tres bicicletas estáticas e tres cintas de correr, xa dispoñibles para os usuarios da infraestrutura municipal.

Pódeche interesar