Ares denuncia demoras de ata 15 días na activación de tratamentos no centro de saúde

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares, a través da Xunta de Goberno Local, vén de manifestar o deterioro constante na atención sanitaria que se está a producir no centro de saúde da vila, especialmente neste período estival, e que agora se expón en forma de retrasos de ata 15 días na expedición de receitas á veciñanza. Unha problemática que impide, en esencia, o acceso dos e das aresáns aos seus tratamentos médicos.

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, recalca que o “deterioro non é novo, todo o contrario: primeiro suprimiron o médico desprazado, logo non se cubriron as prazas das persoas que marchan de vacacións e agora vemos que xa nin se emiten receitas para aplicar os tratamentos. Non só non se soluciona ningún dos problemas anteriores, senón que vai de mal a peor”.

“A demora na activación de tratamentos prodúcese ademais cando temos o triple de población; é inasumible que nin sequera cubran as vacacións do persoal médico se consta que en Ares pasamos de 6.000 habitantes a entre 15.000 e 18.000 persoas durante o verán”, conclúe Julio Iglesias.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña