Ares danza para amosar a súa solidariedade

Comparte esta nota de prensa

O pavillón polideportivo municipal encheuse onte para desfrutar da demostración que realizou a Escola de Baile Paso a Paso, no marco do evento organizado pola Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro que estivo marcado non só pola danza, senón tamén pola  solidaridade dos asistentes!

O recadado co prezo da entrada servirá para reforzar as iniciativas da Xunta Local de Ares na súa labor cotián na loita contra o cancro, promovendo actividades que fomentan a concienciación entre a veciñanza.

A exhibición estivo presentada por Alma Barrón, concelleira de Cultura da localidade, e Eugenio Fernández, da mesma Asociación Española contra o Cancro.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña