Ares contra o Cancro 2025

Comparte esta nota de prensa

A casa consistorial de Ares luce durante toda esta semana unha nova iluminación ornamental sobre a súa fachada, facendo protagonista á cor verde e sumándose de xeito simbólico ao Día Internacional contra o Cancro que se celebra xusto hoxe, 4 de febreiro.

Unha xornada conmemorativa que se organiza dende o 2000 para reivindicar unha maior prevención, detección e tratamento da doenza oncolóxica, e tamén para poñer o foco na relevancia de aumentar a calidade de vida das persoas afectadas polo cancro.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.