2024-Presentación Campus Celta en Ares-1

Ares contará cunha nova edición do Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta

Comparte esta nota de prensa

Representantes do Concello, da Federación Galega de Fútbol en Ferrol, do club olívico e do Numancia ADR presentaron esta mañá a iniciativa no consistorio aresán.

Os campus organizaranse do 15 ao 19 de xullo na modalidade tradicional e do 22 ao 26 de xullo no que atinxe aos porteiros, a principal novidade deste ano con formación específica para este perfil futbolístico.

As inscricións xa poden realizarse dende a web oficial do RC Celta de Vigo cun prezo reducido até o 16 de maio.

A casa consistorial de Ares acolleu esta mesma mañá a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol da Fundación Celta, unha iniciativa deportiva xa consolidada no municipio para que rapaces e rapazas entre os 4 e 16 anos poidan mellorar as súas habilidades futbolísticas sen deixar atrás a parte máis lúdica do deporte.

Así, o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo; a concelleira de Deportes, Alma Barrón; o delegado territorial da Federación Galega de Fútbol en Ferrol, Abraham Yáñez; Manuel Gómez, da Dirección de Escolas Nacionais e Campus da Fundación Celta e Elena Fuentes, Presidenta do Numancia, presentaron os campus que recalarán en Ares durante dúas semanas: primeiro será a quenda do evento tradicional, do 15 ao 19 de xullo, e posteriormente haberá unha modalidade específica para porteiros no marco do Campus Sergio Álvarez do 22 ao 26 de xullo, unha novidade que expón o espírito de mellora do evento ao longo dos últimos anos na contorna aresá.

As xornadas desenvolveranse en horario matutino, de 9:45 h. ata as 13:45 h., cun equipo de monitores do club de Vigo encargado de guiar aos nenos e nenas na súa mellora técnica, mais tamén empregando metodoloxías de formación lúdico-educativas e fomentando o compañeirismo e a construción dun ambiente estimulante para todos.

As inscricións xa se atopan abertas cun prezo xeral de 144 euros a través da páxina web oficial do Real Club Celta de Vigo (www.rccelta.es), mais haberá un prezo reducido se os interesados/as se inscriben antes do 16 de maio. De igual maneira, todos os participantes federados no ADR Numancia de Ares poderán beneficiarse dun desconto.

Coma se fixo fincapé no acto de presentación, as dúas modalidades destes Campus de Verán da Fundación Celta son fundamentais para traballar os valores do deporte, dende a superación persoal, a amizade e o traballo en equipo, mais tamén de achegarse a unha nova maneira de gozar do fútbol no verán de Ares.

2024-Presentación Campus Celta en Ares-22024-Presentación Campus Celta en Ares-3CARTEL-CAMPUS DE VERÁN DO CELTA EN ARES-1CARTEL-CAMPUS-PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ ARES

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña