Ares consegue 40.000 euros para a corrección do impacto paisaxístico no núcleo de Lubre

Comparte esta nota de prensa

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, recibiron onte na contorna de Lubre á delegada territorial da Xunta de Galicia, Martina Aneiros, acompañada do director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia, Enrique Salvado. As autoridades visitaron as dúas infraestruturas que serán obxecto de rehabilitación cos 40.000 euros obtidos a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, nun espazo de considerable valor patrimonial.

Por unha banda, o local social Gildo Illobre será mellorado en termos enerxéticos, incluíndo unha intervención na fachada que redundará, en palabras de Olimpia Marcos, “nunha maior integración paisaxística”. Nesta renovación exterior do local, aplicarase un chapado de pedra granítica pulida para que estea en consonancia coa igrexa románica de Lubre, e incluirase unha partida cun orzamento de 20.000 euros.

A segunda actuación centrarase no lavadoiro de Bulleiro, próximo ó primeiro edificio, para recuperalo totalmente. “A futura intervención no lavadoiro exemplifica en realidade o compromiso que adoptamos no goberno local para revalorizar este tipo de espazos, continuando coa planificación xa materializada, por exemplo, en Seselle. Consideramos que é esencial recuperalos polo seu valor etnolóxico, cultural e tradicional. Son lugares que nos axudan a coidar a memoria colectiva do municipio”, segundo a concelleira de Urbanismo de Ares.

No que atinxe ó lavadoiro, tamén se propón un chapado en pedra granítica tanto nos muros coma nos piares e a demolición das celosías prefabricadas de formigón. Realizarase un solado de pedra das mesmas características que as empregadas nos paramentos verticais, incluída a escaleira existente, á que se engadirá unha nova varanda de aceiro, e contará cun investimento estará próximo ós 14.000 euros, con cargo á liña da convocatoria aberta pola Consellería de Medio Ambiente.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña