Ares clausura o Campus de Verán da Fundación Celta na modalidade tradicional

Comparte esta nota de prensa

Despois da última sesión de entrenamento lúdico-formativo, rapaces e rapazas clausuraron a actual edición do Campus de Verán da Fundación Celta que se estaba a realizar no Prados Vellos, acompañados dos monitores do club olívico e da concelleira de Deportes, Alma Barrón.

O venres pasado púxose o broche final ao evento que ano tras ano permite formarse futbolisticamente ás crianzas da contorna baixo as metodoloxías da canteira do Celta, amais de traballar valores de compañeirismo e traballo en equipo.

Con todo, esta mesma semana arrancará o Campus na modalidade de porteiros, unha das principais melloras e novidades este 2024 na organización desta iniciativa deportiva.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña