Ares celebrará a XII Edición do Mercadillo Veciñal de Segunda Man e Artesanía

Comparte esta nota de prensa

A XII edición do Mercadillo Veciñal de segunda man e artesanía levarase a cabo no paseo marítimo de Ares durante toda a xornada do domingo 9 de xullo, desde as 9:00 ata as 21:00 horas.

Este evento permitirá ás persoas intercambiar, comprar ou vender produtos de segunda man e artesanías. O Concello abrirá as inscricións para os postos en dúas quendas. Primeiro, o 26 e 27 de xuño, realizaranse as inscricións para os empadroados no municipio. Logo, a partir do 29 de xuño e ata esgotar as prazas dispoñibles, abriranse as inscricións para o resto das persoas interesadas.

No mercadillo haberá espazo para películas, obxectos de coleccionismo, libros, bisuterías e outros tantos artigos de interese nos diferentes postos, que poderán ser tanto de particulares como de profesionais e asociacións da vila. Cada posto terá un custo de 5 euros e unha extensión de 3 metros lineais. Os adxudicatarios serán responsables de levar todo o necesario para montar os seus postos.

As solicitudes de participación deberanse realizar fisicamente na biblioteca municipal de Ares, presentando a solicitude de reserva de posto e pagando o importe exacto do mesmo.

Este mercado converteuse nunha das iniciativas municipais con máis éxito do verán na localidade, gozando cada ano dunha gran acollida tanto no número de postos como na afluencia de visitantes.

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, destacou que o obxectivo principal é fomentar a participación de toda a vila no evento, tanto pola dinamización no eido social, como tamén no plano económico que leva asociado. Tamén remarcou a importancia do carácter “veciñal” da iniciativa, xa que está dirixida principalmente á veciñanza para promover o intercambio, non só aos profesionais que xa teñen os seus propios eventos específicos.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,