Ares celebrará a súa sexta edición da Noite Branca Solidaria, un evento que busca recadar fondos para Cáritas.

Comparte esta nota de prensa

Esta velada converteuse nun clásico na axenda do verán e terá lugar o vindeiro sábado 15 no paseo marítimo da localidade, a partir das 19:00 horas. A actividade está organizada pola asociación Ares Solidario, coa colaboración do Concello de Ares.

A esencia de estilo ibicenco manterase nesta edición, polo que se anima aos asistentes para vestir de branco. O evento contará cunha ampla variedade de actividades, entre elas actuacións musicais en vivo como a de Jorge Latino e a animación a cargo do grupo Os Pimos. Ademais, dedicarase unha parte destacada ao baile, con exhibicións dos grupos “Bailes Latinos Ferrolterra” e “Ártabra Danzas do Mundo e Baile Retro”.

En canto á oferta gastronómica, poderanse gozar de repostería, canapés e mojitos, xunto con outras degustacións. Tamén haberá unha zona de photo call e realizaranse sorteos de agasallos. Como en anos anteriores, os fondos recadados destinaranse a fins benéficos, e nesta ocasión serán doados a Cáritas de Ares.

A organización anima tanto a particulares como a establecementos a colaborar nesta festa solidaria. As formas de axuda van desde asistir con vestimenta estilo “ibicenco”, ata doar sobremesas, aperitivos ou outros alimentos que se poñerán á venda no evento. Tamén se aceptan doazóns de agasallos para o posterior sorteo.

Anímate a participar nesta noite onde a diversión está garantida, e ao mesmo tempo, contribúe a unha boa causa!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,