Ares celebra o Día do Libro con contacontos e presentacións literarias

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acollerá nas tardes do xoves, 21 de abril e o venres, 22, dúas actividades de entrada libre promovidas pola área de Cultura do Concello. 

. A próxima semana a programación cultural do Concello de Ares porá o seu foco na conmemoración do Día Internacional do Libro o 23 de abril, unha data de especial relevancia que homenaxea á literatura, ós seus autores e á importancia da lectura na sociedade. No municipio aresán, a Concellaría de Cultura propón dúas actividades para o xoves, 21 de abril, e venres 22, orientadas por unha banda para os máis pequenos e, pola outra, ó público adulto en xeral, ambas nas instalacións da Alianza Aresana.

O xoves ás 18:00 horas organizarase o contacontos de “Lúa”, para que nenos e nenas desfruten dunha analoxía entre o fantástico e o máxico e a relación das persoas no noso mundo, que levan en ocasións a provocar medos, violencia e pouco entendemento. A través do Teatro Ghazafelhos, coñecerase a preocupación da Lúa por ver o porqué de todo o barullo que procede da terra e asusta ás súas compañeiras as estrelas.

E o venres, desta volta ás 19:00 horas, a autora naronesa María Isabel Cagiao, xunto coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, presentarán a primeira e segunda parte de “Gomets”, dúas novelas que narran aventuras transformadoras en Galicia, historias ambientadas en lugares máxicos e cargadas de personaxes peculiares que se veñen sucedendo ao longo das obras de Cagiao.

Ambas actividades, que tamén forman parte do plan de fomento da lectura “Ler conta moito” da Xunta, serán de acceso libre ata completar o aforo do salón de actos

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña