Ares, Cabanas, Mugardos e Fene anuncian a concesión do “Inicia VII”

Comparte esta nota de prensa

O obradoiro de emprego para persoas mozas achegará formación na especialidade de Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial

O Concello de Ares, xunto co de Cabanas, Mugardos e Fene, vén de recibir a concesión do novo obradoiro de emprego e formación xuvenil “Inicia VII”, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade. Esta sétima edición desenvolverase entre o 1 de setembro de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024, cunha especialidade profesional destinada a tubaxe industrial.

Deste xeito, asignaranse 16 prazas para formarse na especialización de Fabricación e montaxe de instlacións de tubaxe industrial. O orzamento total para a iniciativa sitúase preto dos 425.000 euros, nos que se inclúe gastos de formación e funcionamento, ademais dos gastos salariais para aquelas persoas que se incorporen como alumnos-traballadores ao “Inicia VII”.

Para poder inscribirse, é necesario atoparse en situación de desemprego, estar inscrito no ficheiro do Sitema nacional de garantía xuvenil, así como estar empadroado/a nalgún dos catro concellos promotores. Tamén se precisará ter inscrición coma demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Tras a selección dos participantes, o “Inicia VII” proporcionará durante 12 meses sesións teóricas e prácticas en entornos reais de traballo, para obter o certificado de especialización profesional correspondente.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña