Ares adxudica o proxecto de rehabilitación do segundo edificio das Escolas do Lago

Comparte esta nota de prensa

Investiranse 273.073,06 euros para reformar unha infraestrutura histórica do casco urbano da localidade, inaugurada en 1955 baixo deseño do arquitecto Rodolfo Ucha.

A renovación será integral (cubertas, tabiquería interior, pavimentos, electricidade, aseos, pintura…), seguindo o realizado na outra edificación das Escolas do Lago.

O Concello vén de informar hoxe da recente adxudicación da reforma do segundo edificio das Escolas do Lago, o que se entende coma un ambicioso proceso para mellorar notablemente a infraestrutura dun espazo que xa forma parte da historia de Ares, principalmente pola súa orixe indiana.

O proxecto de rehabilitación suporá un investimento de 273.073,06 euros con cargo ao Fondo de Cooperación para concellos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e proxecta manter o emprego actual do edificio, inaugurado en 1955 con deseño de Rodolfo Ucha, coma lugar de apoio a usos sociocomunitarios e culturais.

Na documentación que achega a Concellaría de Urbanismo recóllese un amplo abano de intervencións, con melloras na cuberta, a tabiquería interior, os falsos teitos, a fontanería, os aseos, os pavimentos, a electricidade, a pintura ou os sistemas de calefacción. É dicir, a actuación no seu conxunto suporá unha renovación completa, coma xa se realizou anteriormente no edificio contiguo que conforma a manzana das Escolas do Lago e que se atopa ao outro lado do patio ou praza central aberta, e porase en relación coas melloras realizadas no peche do conxunto das Escolas.

Estas tres intervencións, dúas xa materializadas e a recentemente adxudicada, culminan unha notable recuperación de todo o espazo.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña