Ares acolleu unha nova mobilización para demandar melloras no transporte público convocada pola Plataforma por un Transporte Digno para Ferrol e comarca

Comparte esta nota de prensa

 

A mobilización desenvolveuse onte ás 20,00 horas diante da Casa do Concello. O acto contou cunha numerosa participación veciñal e estivo respaldado polo alcalde, a edil de Mobilidade e concelleiros de diferentes grupos da corporación municipal

O Concello de Ares acolleu na tarde de onte unha nova concentración convocada pola Plataforma por un Transporte Digno para Ferrol e comarca para reclamar un transporte público de calidade.

Previamente, no paseo marítimo, procedeuse á entrega aos veciños e veciñas dunha enquisa para recoller as opinións e necesidades relativas ao transporte, cuxo resultado será publicado e que ademais será trasladada á Xunta.

Na mobilización posterior ás portas do Consistorio, na que participaron ao redor de medio centenar de persoas, procedeuse á lectura dun manifesto por parte da presidenta da Plataforma, evidenciando o gran descontento co transporte público ofertado pola Xunta e a súa inacción antes os problemas denunciados.

Desde a Plataforma anunciaron que as próximas mobilizacións serán en San Sadurniño e Fene, animando á participación.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña