Ares acolleu o Campionato Galego de Snipe 2024

Comparte esta nota de prensa

Durante este sábado e domingo xa pasados, Ares converteuse no epicentro da vela de Galicia na clase snipe. 20 embarcacións de todo o territorio galego chegaron á ría para participar no Campionato Galego Snipe de Vela 2024, un evento deportivo que rematou nas instalacións do Club Náutico Ría de Ares, onde se formalizou a entrega de premios ás parellas gañadoras.

Ao acto asistiu Alma Barrón, concelleira de Deportes da localidade; o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, e o propio presidente do Club Náutico aresán, Ángel Barreiro.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,