Ares acollerá dúas charlas de AFAL centradas no alzheimer e outras demencias

Comparte esta nota de prensa

Durante as xornadas do 15 e 17 de outubro, expertos desta asociación que traballa para facilitar a vida dos enfermos de Alzheimer e as súas familias achegaranse até o salón de actos da Alianza Aresana.

É necesario inscribirse previamente para acudir no teléfono 981 468 102, vía e-mail contactando con sociais@concellodeares.com ou presencialmente no Departamento de Servizos Sociais de Ares.

A asociación Afal Ferrolterra promove xunto coa Concellaría de Igualdade e Benestar de Ares un ciclo de dúas charlas divulgativas con profesionais que traballan día a día coa enfermidade do alzheimer. Unhas sesións para axudar a entendela mellor e a adquirir un coñecemento que contribúa na mellora da calidade de vida de familias e afectados por ela.

Así, a primeira delas producirase o martes, 15 de outubro, e achegará contexto sobre as demencias, cales son os seus principais síntomas e que sinais de alerta podemos atopar nunha persoa para decatarnos do seu posible inicio. A panorámica permitirá así ter un marco xeral sobre o alzheimer.

A segunda das charlas divulgativas organizarase o xoves, 17 de outubro, poñendo o foco en cuestións directamente vencelladas coa autonomía das persoas con demencia e as mobilizacións que se poden realizar cando presentan problemas no desenvolvemento de actividades cotiáns. Unha sesión pragmática para que, a través da experiencia de profesionais da saúde, a veciñanza conte con máis ferramentas no día a día na súa relación co alzheimer.

As dúas charlas organizaranse de 16:00 h. a 18:00 horas no Salón de Actos da Alianza Aresana e requiren de inscrición previa a través dun dos tres métodos habilitados para tal uso: de xeito presencial no Departamento Municipal de Servizos Sociais, contactando vía e-mail con servizos.sociais@concellodeares.com ou por teléfono no 981 468 102. 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña