Área Municipal de Deportes

HORARIO

De luns a venres
de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.

LOCALIZACIÓN

Centro Cultural da Alianza Aresana
Rúa María, 11
15624 ARES. A Coruña

TELÉFONO

981 448 057

CORREO

Dende o Área de Deportes do Concello de Ares tratamos de potenciar a práctica do deporte en todo os seus ámbitos: iniciación deportiva (escolas deportivas municipais e escolas de clubes), educación física (deporte escolar), ocio (programas anuais específicos) e competición

 

Liñas de actuación:

  • Planificar  e programar o deporte municipal atendendo a todos os sectores da poboación: Escolas Deportivas Municipais, Programa Deportivo de Nadal, Programa de Deporte Escolar, Programa de Actividades na Natureza, Programa Deportivo de Verán.
  • Colaboración co asociacionismo deportivo e as actividades de seu.
  • Equipamientos deportivos municipais (creación de novas infraestructuras deportivas e mantemento das xa existentes).
  • Turismo e Deporte (o Deporte en Ares como un elemento de dinamización turística: Roteiro SendARES, Programa BicicletARES, Rotas de BTT e sendeirismo dentro do Programa de Actividades na Natureza ¡Por terra, mar e aire!, Peirao Deportivo).

 

As principais liñas de actuación do área de deportes:

Promoción de actividades en idade escolar:

  • Fomentamos e regulamos as actividades físicas e deportivas dirixidas a toda a poboación en idade escolar.
  • Fomentamos e regulamos as actividades físicas e deportivas dirixidas a toda a poboación en idade escolar.

 

Deporte para todos:

  • Ofrecemos unha rede equilibrada de servizos e actividades que favorecen unha millor calidade de vida.

 

Fomento do asociacionismo deportivo (entidades, asociacións ou clubs deportivos):

  • Fomentamos e regulamos o asociacionismo en todas as súas manifestacións como marco para o desenvolvemento de actividades físicas e deportivas, e a dinamización do pobo.

 

O ocio deportivo:

  • Ofertar diferentes programas deportivos para a poboación durante todo o ano axudando a encher o tempo libre dunha forma saudabel e activa (campamentos deportivos de verán, cursos de achegamento a novas prácticas deportivas,….