A unidade móbil do programa, que impulsa a Xunta, en colaboración cos concellos, para achegar servizos asistenciais aos maiores, estará na Avenida Saavedra Meneses (altura do “Pez Rojo”) os días 19, 20 e 21 de xuño.
Os veciños e veciñas de Ares, de máis de 55 anos, xa poden pedir cita para consulta cos especialistas en podoloxía, audioloxía ou estimulación da memoria través dos 622 748 283 e 623 546 992, e do mail coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal