Antonio Seijas presenta “Teorías do Fin” na Alianza Aresana

Comparte esta nota de prensa

Mañá, 10 de xuño, ás 19:30 horas, o autor e artista aresán afondará no seu poemario, gañador do XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense.

A Concellaría de Cultura da localidade programa dentro da súa planificación municipal unha conversa arredor dunha das últimas obras do recoñecido aresán Antonio Seijas. Trátase de Teorías do Fin (Airas Editorial, 2022), o poemario co que Seijas debuta no eido poético e que reflexiona sobre o mundo, a súa fin e a mirada que vai máis aló do cotián.

A presentación do libro, gañador do XXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense, realizarase mañá ás 19:30 horas no salón de actos da Alianza Aresana, presentado por Alma Barrón, concelleira de Cultura, e coa compañía da escritora Andrea Maceiras.

Será unha boa oportunidade para achegarse a un texto de alta solidez formal, dividido en capítulos onde se tecen conexión entre as leis físicas que inflúen non só no universo, senón tamén na propia existencia e alma humanas.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña