Aniversario da Alianza Aresana, 121 anos de historia 1904-2025

Comparte este evento

A Alianza Aresana conmemora 121 anos de historia cunha programación especial organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Ares. Durante os días 20 e 21 de marzo, a vila acollerá diversas actividades que poñen en valor o legado desta emblemática institución e a súa contribución á vila.

Xoves 20 de marzo

  • 12:00 h. Descubrimento da nova Praza Domingo Troche, en homenaxe ao primeiro presidente da Alianza Aresana de Instrución.
  • 17:00 h. Obradoiro familiar de manualidades “Manualidades coa Alianza”, dirixido a crianzas de 3 a 5 anos (necesaria a presenza dun adulto).

Venres 21 de marzo

  • 18:30 h. Obradoiro infantil de manualidades “Manualidades coa Alianza”, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
  • 20:30 h. No Salón de Actos da Alianza, concerto acústico a cargo do grupo SonBoleros, que ofrecerá unha noite de música íntima e emocionante.

Inscricións abertas na Biblioteca Municipal a partir do 17 de marzo. O evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Ares Indiano e Patrimonio Indiano.

Pódeche interesar...

Eventos

OS MAIOS EN ARES 2026

1 de maio no parque Rosalía de Castro. Dende as doce do mediodía comezaremos facendo os MAIOS. Podedes participar, facelo voso, traer tuia, piñeiro… Deseguido,

Eventos

Festividade de San Xosé Obreiro 2026

Data: 1 de maio de 2026 Lugar: Ares (A Coruña) Programa de Actividades 11:00 h – Pasarrúas A cargo do Grupo de Gaitas Trouleada. 19:00