Alumnado do CPI As Mirandas inaugura un museo sobre Ares e a súa historia

Comparte esta nota de prensa

O vestíbulo da Alianza Aresana transfórmase dende onte para amosar a exposición que organizaron nenos e nenas de 2º de primaria sobre a identidade local da vila.

Durante as próximas xornadas, a biblioteca municipal da localidade converterase nun museo aberto á veciñanza sobre a cultura, o patrimonio e o pasado de Ares. “O noso museo”, un proxecto elaborado a partir do traballo dos nenos e nenas de 2º de primaria do CPI As Mirandas, inaugurouse onte no vestíbulo da Alianza Aresana recibindo ós primeiros visitantes e co alumnado encabezando a guía de todos os contidos temáticos. Pais, nais, profesorado e tamén Alma Barrón, concelleira de Cultura, percorreron cada unha das partes que compoñen este museo temporal

A exposición é unha iniciativa que ademais tivo acollida no salón de plenos do Concello o pasado verán, pois foi precisamente alí onde o alumnado formulou a proposta de organización do museo nas instalacións municipais da biblioteca, rematando así cun proceso de investigación que abarcou os dous últimos trimestres escolares.

En horario de mañá e tarde, poderase coñecer a orixe e usos da emblemática Ponte da Ciscada, o que significa e hai detrás do escudo da vila, para que serviron as baterías defensivas da ría ou afondar nos restos castrexos de Ares e a súa arquitectura.

Esta semana haberá visitas do alumnado doutros cursos do colexio municipal para ver o resultado deste traballo de coñecemento de toda a localidade. Unha maneira de achegarse á identidade local dende a diversión e a educación que ademais está accesible para toda a comunidade da contorna.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña