Alumnado do CPI As Mirandas celebra o Día dos Océanos cunha acción de limpeza nas praias urbanas de Ares

Comparte esta nota de prensa

A actividade, recuperada tras adiarse o mércores pola climatoloxía adversa, materialízase baixo o nome “Mares Circulares”, co-organizada entre o Concello, o centro educativo, Coca-Cola e a Asociación Chelonia.
Dende o paseo marítimo do núcleo urbano, veciñanza e visitantes convertéronse en testemuñas da acción que se estivo executando esta mañá nas diferentes praias que se espallan polo casco de Ares. Alumnas e alumnos

 do CPI As Mirandas, xunto cos coordinadores da actividade, homenaxearon e reivindicaron o Día dos Océanos -orixinariamente o mércores, 8 de xuño- extraendo dos areais os residuos e refugallos: plásticos, cigarros, envases de xeados, vidros…

Esta acción é parte da iniciativa “Mares Circulares”, que arrancou previamente no salón de actos da Alianza Aresana cun recibimento dos promotores: o Concello, a través do alcalde da localidade, Julio Iglesias, e a concelleira Lucía Blanco; a Asociación Chelonia, co director de proxectos, Antonio Castro, e Coca-Cola Europacific Partners Iberia, coa presenza da xefa de Comunicación Noroeste, María Sande. Amais da recepción, o alumnado tamén participou

nunha charla de sensibilización sobre o impacto dos residuos e a pegada das persoas nos océanos.
Noelia Montero, dende a Concellaría de Educación e Mocidade do municipio, agradeceu a involucración de todos os axentes participantes, dende comunidade educativa a Coca Cola e Chelonia, e salientou “a relevancia de inculcar o respecto ao océano entre xeracións, facendo que a mocidade sexa tamén unha correa de transmisión de coñecemento e valores ás súas familias”. “Actividades como a de hoxe permiten que cuidemos ecosistemas naturais esenciais no noso día a día: neles practicamos deporte, desfrutamos do ocio e relacionámonos constantemente”, concluíu a concelleira.
María Sande, xefa de Comunicación Noroeste de Coca-Cola Europacific Partners Iberia, tamén destacou a importancia de impulsar a economía circular e a colaboración entre diferentes institucións “para conseguir que as contornas acuáticas sexan preservadas. Todos temos unha responsabilidade que debemos asumir para deixar ás futuras xeracións unha contorna mellor da que nos encontramos. Agradecemos a colaboración dos voluntarios que deron un exemplo do que, xuntos, somos capaces de conseguir”.

 

Finalmente, Antonio Castro, director de proxectos da Asociación Chelonia, indicou que “charlas didácticas e acción prácticas de detección e recollida de residuos como a desenvolta hoxe teñen o importante obxectivo de sensibilizar e brindar máis información á poboación sobre os impactos que estamos tendo sobre os océanos e ambientes acuáticos; tamén sobre a necesidade de promover cambios e innovacións no modelo produtivo, de consumo e de xestión de residuos que permitan facilitar unha transición urxente cara a economía circular, a reducción de emisións e a adaptación ao cambio climático. Por iso é fundamental a implicación de todos os sectores da sociedade”.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña