Aforo completo na segunda sesión do Ciclo de Cine de Verán municipal

Comparte esta nota de prensa

Palomitas, cámara… e acción! As Escolas do Lago enchéronse o xoves pasado para ver a Buzz Lightyear e a súa aventura intergaláctica no marco do Ciclo de Cine de Verán que programa o Concello de Ares en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Unha película emocionante para as crianzas e as súas familias onde se descubriu o pasado de Lightyear como gardián espacial, sen deixar atrás os xiros humorísticos.

A terceira e última sesión do Ciclo de Cine de Verán tamén ten data, por se queres gardar oco na axenda: será o 28 de agosto coa proxección de ‘A todo tren 2’.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña