Afal divulga a complexidade do alzheimer en Ares

Comparte esta nota de prensa

En dúas sesións producidas tanto este martes como xoves pasados no salón de actos da Alianza Aresana, o equipo especialista de Afal Ferrolterra achegouse até a localidade aresá para debullar as circunstancias arredor do alzheimer e outras demencias.

Nestas xornadas de corte divulgativo, a veciñanza puido coñecer mellor as sinais de alerta que produce o corpo e a mente nos inicios da demencia, amais dos seus principais síntomas. Mais as charlas tamén permitiron entender que problemas de autonomía se poden dar e que tipoloxías de mobilizacións é necesario realizar cando as persoas afectadas polo alzheimer empezan a presentar problemas no desenvolvemento de actividades cotiáns.

As sesións promovéronse a través da Concellaría de Igualdade e Benestar, no marco do seu obxectivo de achegar ós veciños e veciñas de Ares máis coñecemento pragmático arredor de certas enfermidades, contribuíndo a aumentar as ferramentas ao seu alcance para mellorar a súa calidade de vida diaria.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña