Actívate +70

Comparte este evento

INTRODUCCIÓN

A OMS propuxo un “Plan de acción mundial sobre Actividade Física” para o período 2018-2030 coa visión de conquerir máis persoas activas para un Mundo máis san.

Neste Plan, uns os obxectivos será acadar unha sociedade máis activa a través de “crear normas e actitudes sociais positivas e un cambio de paradigma en toda a sociedade mediante a mellora dos coñecementos, a comprensión e a valoración dos múltiples beneficios da actividade física regular, en función da capacidade e a todas as idades”.

Con ese empeño nacen propostas como esta actividade ACTÍVATE +70.

A idea que apoia ACTÍVATE +70 é a necesidade de modificar as mensaxes que recibe este colectivo das persoas de idade avanzada, ofrecerlles alternativas saudables que lles beneficien no seu nivel de benestar e que perciban o poder que posúen para escoller o seu estilo de vida.

 

QUE É ACTÍVATE +70?: PIARES

A intervención contempla contidos de:

  • Educación Física.

Co obxectivo de mellorar a funcionalidade do seu organismo (forza, mobilidade articular, equilibrio, coordinación, resposta cardiorrespiratoria, etc).

  • Psicoloxía.

Dotar de ferramentas para manter a motivación cotiá, a xestión da información, valorar a importancia da relación social e afectiva, etc.

  • Alimentación.

Dar recomendacións de nutrición e consellos sobre como alimentarse nesta etapa da vida e as repercusións positivas de alimentarse de forma correcta.

 

CANDO COMEZAMOS ACTÍVATE +70?: TEMPORALIZACIÓN E HORARIOS

De novembro a decembro, ambos incluídos, os venres de 10 a 11. (1 hora semanal).

De xaneiro a xuño, ambos incluídos, os luns e os venres de 10 a 11. (2 horas semanais).

Nota.- Os grupos serán de ata 12 persoas. Se houbera moita demanda poderíase establecerse un segundo grupo, neste caso de 11 a 12h. en cada un dos días previstos de actividade.

 

COMO ACTIVARNOS EN ACTÍVATE +70?: CONTIDOS

Exercicios de amplitude do rango articular dende o analítico ao global.

Exercicios de coordinación, consciencia e control do cambio de peso no apoio, equilibrio.

Velocidade de reacción.

Estimulación cognitiva. Toma de decisións.

Reeducación da marcha.

Exercicios de forza a nivel funcional axustados ás posibilidades dos/as asistentes.

Xogos con obxectivos variados.

Estimulación a nivel de resistencia cardiorrespiratoria.

Estiramentos básicos.

Exercicios de consciencia respiratoria.

Visualización. Mindfulness básico.

Exercicios de dinamización grupal.

 

ONDE FACEMOS ACTÍVATE +70?: LUGARES

A instalación de referencia para esta actividade será o pavillón deportivo municipal, e nomeadamente a súa sala de usos múltiples, por ser un espazo diáfano, e amplo, cómodo, e agradable para desenvolver esta actividade.

Aínda así, poderase facer algunha saída pola contorna, a algunha zona exterior ao longo do curso, sempre que acompañen as condicións meteorolóxicas.

Posto que no mes de novembro, que será cando dea comezo esta actividade, atoparémonos aínda inmersos nas obras de mellora do pavillón deportivo, e xa que logo dita instalación non estará operativa ata polo menos decembro, imos dar comezo na sala de usos múltiples situada no segundo andar da Casa da Xuventude (Praza da Constitución de Ares, “a antiga escola de nenas”).

 

COMO APUNTARSE A ACTÍVATE +70?: CONDICIÓNS E PREZOS

Estar empadroado/a en Ares.

Inscricións, nos Servizo Sociais, cumprimentando folla de inscrición, do 21 ao 31 de outubro, de 10 a 13 h.

Prezo da actividade:

Matrícula: 10,13€.

14,14€/mes (1hora semanal).

20,67€/mes (2 horas semanais).

 

REGULAMENTO DA ACTIVIDADE

Todas as cuestión relacionadas co funcionamento da actividade (suxestións, queixas…)    tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais do área correspondente, ben sexa Deportes ou Servizos Sociais.

Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre ao profesor calquera ausencia prevista.

O abono das mensualidade efectuarase por domiciliación na conta que se indicará unha vez sexa confirmada a praza e a actividade.

As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na actividade. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa na actividade haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso (nos meses de novembro e decembro chamando ao teléfono 981468562), para evitar problemas coa xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xenerara.

Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha actividade do curso anterior deberán efectuar o   seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.

Esta actividade interromperá o seu funcionamento nas datas festivas locais ou nacionais. Desenvolverase dende novembro de 2024 a xuño de 2025.

É responsabilidade de cada usuario/a a aptitude física necesaria para participar na actividade convocada, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.

O Concello resérvase o dereito de anular a actividade por non ter o número suficiente de participantes (estímase en 10 o número mínimo de inscritos/as para que de comezo e/ou continúe esta actividade) e de facer tódalas modificacións que estime oportunas, para o bo funcionamento da mesma.

Pódeche interesar...

Eventos

Vive o Nadal, Vive Ares

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL 2024: https://forms.gle/KCwadgrJmuqLCTtE7 ACTIVIDADES NA CASA DA XUVENTUDE NADAL 2024: https://forms.gle/5hpLn3MVSfWSBh1v5 OBRADOIROS DE NADAL NA BIBLIOTECA 2024: https://forms.gle/1tgkGSrzLD4LWs3i6   MÉRCORES, 4 DE

Eventos

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN