A vila de Ares sóbese ao autobús do teatro para achegarse á obra “Os actos e as profecías”

Comparte esta nota de prensa

No marco do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, a Concellaría de Cultura organiza unha saída dende o municipio até Santiago de Compostela o 13 de abril, marchando de Ares ás 15:00 horas e voltando cara a noite.

O luns, 18 de marzo, abrirá o proceso de inscrición de xeito presencial na Biblioteca Municipal da localidade, depositando no momento o prezo especial da entrada á obra (3 euros), sendo totalmente de balde o transporte de ida e volta.

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, vén de anunciar que Ares se sumará de novo ao Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG), facilitando así o acceso da veciñanza a obras de teatro. Desta volta, os e as aresáns poderán viaxar de balde ata Santiago de Compostela na tarde do 13 de abril e desfrutar da peza teatral “Os actos e as profecías” (18:00 horas), con dramaturxia de Xacio Baño e Tamara Canosa, que actúa tamén coma directora.

O espectáculo que se representará ten como fío condutor os chamados talent shows, un dos formatos televisivos de maior éxito nos últimos anos. Precisamente a partir del abórdanse temáticas como a competitividade, as expectativas de superación, as presións constantes ou as esixencias impostas para o recoñecemento profesional.

O transporte en autobús será gratuíto, saíndo da Porta do Sol ás 15:00 horas do 13 de abril, e só será necesario pagar o prezo especial das entradas, de 3 euros, e inscribirse de xeito presencial na Biblioteca Municipal de Ares, depositando o diñeiro da entrada no momento, dende o luns, 18 de marzo. Haberá 17 prazas para as persoas interesadas en sumarse á iniciativa.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña