A Travesía a Nado Ría de Ares conclúe con máis de cen nadadores e nadadoras

Comparte esta nota de prensa

Malia as condicións climatolóxicas, a XXVII Travesía a Nado Ría de Ares saldouse con éxito de participación incorporando a preto de 120 nadadores e nadadoras nas súas diferentes categorías tanto de crianzas como maiores.

A rampla grande da vila acolleu esta edición na que se volveu facer fincapé no fondo raigame que ten na oferta deportiva estival, sempre dende unha perspectiva popular e un espírito de competición equitativa.

Ao finalizar a proba, a concelleira Lucía Blanco entregou os premios aos tres primeiros postos de cada categoría, mais tamén aos gañadores absolutos masculino e feminino e ao participante máis novo e de maior idade.

Nese sentido, o Concello enfatiza o seu agradecemento a todos os axentes colaboradores, dende o Club Natación Ferrol ou Protección Civil de Ares a ServiOcio BeOne, Supermercados Froiz, o Club Marítimo de Redes e o Club Náutico Ría de Ares.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña