Estamos ante un dos símbolos da emigración máis importante desta vila redeña.
Este edificio é moito máis cos muros e arquitectura que vemos. Tras destas paredes agóchanse moitos nomes, xeracións enteiras construíndo un futuro mellor.
A Tenencia foi fundada pola Sociedad Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco
na Habana. José Calvo Pérez foi o construtor e carpinteiro engargado levar a bo porto a obra que comeza no 1913, un ano despois de mercar o terreo, e remata no 1914.
En decembro de 1915 a Inspección Provincial outorga o permiso para abrir a escola, comezando así unha nova aventura: a de instruír ás novas xeracións redeñas.
O edificio é acorde cos novos tempos educativos: gran ventilación, espazos amplos, luminosidade e zonas verdes. Ten dúas aulas de 10×12 metros, unidas polo corredor que leva ao patio posterior. Rodeada de amplas e múltiples xanelas e cun zócalo que prevén da humidade do chan, pódese acceder ao edificio por unhas escaleiras de necesaria construción polo terreo en pendente.
Co pasar do tempo caeu no case derrube pero grazas á forza da “Agrupación Instrutiva de Redes e Caamouco” a día de hoxe estes muros continúan espallando cultura case alén do mar.
Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:
Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Redes. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?