A tenda efémera de aluguer de vestimenta para o Ares Indiano chegará ó municipio o 16 de agosto

Comparte esta nota de prensa

Estará habilitada ata o sábado, 19, na Avenida Saavedra Meneses, para toda a veciñanza que desexe asistir caracterizada ó evento.

A empresa compostelana que xestiona este novo servizo da festa indiana contará con caracterizacións de home, muller e neno, tanto de gala coma de campesiño.

A Concellaría de Cultura dirixida por Alma Barrón vén de avanzar información sobre unha das novidades xa desveladas do Ares Indiano: a tenda de aluguer de vestimenta de época, que achegará caracterizacións de indianos e indianas, estará na localidade o 16 de agosto para “cubrir unha das principais necesidades de visitantes e veciñanza”, en palabras de Barrón.

Así, a empresa Chimpos amosará o seu catálogo dende esa mesma xornada a partir das 11:00 horas ata o sábado, 19, na Avenida Saavedra Meneses número 16, no local cedido por José Ramón Fuentes, titular da tenda La Llave de Ares. “En realidade, incluíndo este servizo na celebración indiana, queremos botar unha man para aumentar o número de caracterizacións sen que sexa necesario comprar ou deseñar os traxes”, salientou a concelleira de Cultura, que tamén agradeceu a José Ramón Fuentes a súa predisposición cedendo o espazo onde se presta o novo servizo.

Chimpos, a maiores de sumarse nesta anualidade ao Ares Indiano, ten traballado no vestiario de producións audiovisuais como as series Rapa, Hierro ou O sabor das Margaridas e películas coma Ons, o que expón a súa capacidade de diversificación. Por iso, dentro da oferta que haberá no municipio nas próximas datas, incluirán traxes de homes, mulleres e nenos de gala e de campesiño, aumentando as posibilidades de caracterización.

Pasada a festa indiana, a empresa compostelá habilitará a xornada do luns, 22, para efectuar a devolución das prendas que se alugaron. Porén, de cara a facilitar este proceso, e por se houbera alguén que non puidera devolvelo durante o día 22, a biblioteca municipal de Ares tamén recollerá traxes ata o 26 de agosto.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña