A tenda efémera de aluguer de traxes de época xa amosa o seu catálogo no paseo marítimo de Ares

Comparte esta nota de prensa

O local situado na Avda. Saavedra Meneses número 16 abre hoxe ata o sábado, 20, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00, sempre para aumentar as posibilidades de caracterización no Ares Indiano.

Vestidos completos, complementos soltos, sombreiros, prendas de home, de neno e nena, de muller… Unha das novidades do Ares Indiano, a tenda efémera de aluguer de traxes de época, abriu hoxe, martes 16 de agosto, co seu catálogo a disposición de toda persoa interesada en caracterizarse para o evento sen comprar ou facer a propia roupa.

Desta maneira, a empresa Chimpos, especializada no vestiario de diferentes períodos históricos e temáticas e con experiencia en traballos audiovisuais, instalouse nestas últimas xornadas no local cedido por José Ramón Fuentes na Avenida Saavedra Meneses, núm. 16, no propio paseo marítimo da localidade. Ata alí desprazáronse esta mañá Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Noelia Montero, concelleira de Mocidade, para facer unha das primeiras visitas.

Así, baixo un horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00, poderase ver prendas tanto de gala coma de campesiño, deixarse asesorar e alugar para o Ares Indiano todo o que un precise.

Unha vez pasado o evento, a recollida de prendas efectuarase durante a xornada do luns, 22 de agosto, mais para facilitar o proceso, tamén se poderán entregar os traxes ata o venres, 26 de agosto, na Biblioteca Municipal de Ares.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña