A Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia regresa a Ares este sábado

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura vén de anunciar a organización dun novo concerto da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia o 1 de abril para dar a benvida ao mes coa profesionalidade e calidade desta agrupación musical.

A Igrexa de San Xosé de Ares acollerá a actuación ás 17:00 horas e a entrada será totalmente de balde. A veciñanza poderá desfrutar das pezas de grandes compositores coma Jenkins, Tchaikovsky, Warlock ou Sibelius no mesmo núcleo urbano da vila. Composicións interpretadas por músicos e músicas con moita proxección e nivel!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña