Mañá sábado, 20 de maio, os participantes desfilarán a partir das 18:30 horas polas rúas ataviados ao estilo do Rocío, culminando no palco da Praza da Constitución. A festa promete ser unha mestura de alegría e solidariedade, coa participación da Asociación cultural O Tilo, o grupo Os Pimos e as bailaoras dos grupos Azahar de Ares e Tirititrán de Ferrol. Ademais, a Casa de Andalucía de Coruña e outras agrupacións e negocios locais uniranse ao evento. Haberá distintas actividades como photocall, degustación de rebujitos, ou a venda de sobremesas doces e salgadas por parte da veciñanza de Ares. Os fondos recadados destinaranse á loita contra o cancro.
Non te perdas esta xornada festiva de baile e solidariedade en Ares!