A nova edición das Alfombras Florais de Ares chegará á vila o 2 de xuño

Comparte esta nota de prensa

A Festa de Interese Turístico de Galicia iniciará os traballos de preparación este mesmo venres e contará con 5 tramos de tapices.

Dende a Asociación que promove as Alfombras Florais convidan á veciñanza a participar das tarefas de picado, fundamentais para organizar este evento que xa é parte da idiosincrasia de Ares.

O Corpus aresán vén de ser presentado esta mesma semana desvelando tanto o seu cartel oficial como o inicio dos traballos de preparación e picado. O 2 de xuño Ares volverá a contar coas súas tradicionais Alfombras Florais, unha mostra de arte efémera que encherá a vila a partir de 5 tramos de tapices, percorrendo a rúa María, a rúa Real e a Praza da IgrexaSánchez Barcaiz.

Con todo, dende a Asociación das Alfombras Florais, que aglutina a coordinación desta iniciativa cultural, xa salientan que a preparación do Corpus arranca este mesmo venres, 3 de maio, comezando co proceso de picado e organización de materiais en 5 puntos establecidos polo núcleo urbano de Ares:

  • Na antiga Casa Reitoral
  • Na antiga Carnicería Cupeiro, sita na rúa Real, núm. 9
  • Na Casa da Parroquia
  • No antigo Bar O Indiano, sito na Rúa dos Anxos
  • E na Rúa San Simón, núm. 38

 

A Asociación de Alfombras Florais convida á veciñanza a sumarse a estas tarefas de preparación, nas que resulta fundamental ter o maior número de mans posible para axudar a celebrar esta festa con máis de 40 anos de tradición na vila, exemplo do compromiso colectivo dos e das aresáns con ela.

Sexa como for, a edición do Corpus resaltará un ano máis o aprecio de veciños e veciñas a esta Festa de Interese Turístico de Galicia que supón, sobre todo, unha mostra de unión e solidariedade ao interconectar a moitos axentes da vila, dende o Concello ao tecido civil e asociativo aresán.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña