A Mancomunidade, coa colaboración da Deputación da Coruña e mediante a Federación Galega de Surf, convocou de novo un curso formativo para a obtención da titulación oficial de adestrador en surfing nivel I con 15 prazas.

Mañá, 25 de outubro, pechará o prazo para presentar as instancias, de acordo co modelo e as bases publicados na web da Mancomunidade. Entre os requisitos establecidos, será necesario estar empadroado/a en calquera dos concellos integrantes do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior

Para máis información, podes acudir á ligazón de embaixo

https://comarcaferrolterra.wordpress.com/2022/10/11/convocatoria-de-curso-de-adestrador-a-de-surf-2022/