A localidade embarcarase nunha viaxe divulgativa a través do Seminario de Cultura Ultramarina

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana transformarase en espazo de memoria e divulgación dentro do Seminario de Cultura Ultramarina que propón o Concello no Ares Indiano 2024 con relatorios e presentacións de libros! Teremos…

[1] A presentación da edición facsimilar da obra ‘39 años de mi vida, escrito polo aresán Manuel Rodríguez Ramos, alias ‘Canelo’, e contaremos co estudoso local Javier Vilasánchez para contextualizar o valor desta publicación. Ademais, estará acompañado á viola por Carla Maltese.

Cando? O sábado, 17 de agosto, ás 12:15 h.

[2] O relatorioO poder de educar na emigración’, unha panorámica á educación alén do mar con Daniel Vázquez Vila, historiador e Doutor en Estudos Culturais, e Violeta Ramos, directora do documental sobre a mestra na emigración Andrea López Chao.

Cando? O sábado, 17 de agosto, ás 19:30 h.

[3] A presentación literaria de ‘Enfiando a vida’, a novela gañadora do II Concurso de Novela Curta Alén Concello de Ares, escrita por Susana Fraguela e publicada en Hércules de Ediciones.

Cando? O domingo, 18 de agosto, ás 12:00 h.

A memoria local e a literatura sobre a migración teñen oco tamén neste #VIIAresIndiano.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña