A Libraría Couceiro en Santiago de Compostela acolleu a presentación de Enfiando a vida, novela gañadora do Premio Alén Concello de Ares!

Comparte esta nota de prensa

Na emblemática Libraría Couceiro de Compostela, a gañadora do II Premio de Novela Curta ‘Alén’, Susana Fraguela Vale, afondou na súa obra galardoada, ‘Enfiando a vida’, un retrato vívido da Galicia dos séculos XX e XXI, acompañada por Alma Barrón, concelleira de Cultura da nosa localidade; Rocío García Pedreira, membro do xurado na última edición do Alén, e Laura Rodríguez Herrera, editora de Hércules de Ediciones.

Esta primeira novela de Susana Fraguela indaga na adaptación do proceso migratorio aos novos tempos, mais sen perder os seus trazos esenciais, e destaca a fortaleza dunha sociedade que, impulsada polas súas mulleres, aperta a modernidade sen esquecer as súas raíces.

Un relato novelesco para camiñar da man de Lali, unha moza da primeira metade do século XX, que vive para os demais cun marido emigrante, e de Sofía, unha muller do agora que sabe o que quere, mais tamén se verá afectada pola migración.

 

SOBRE SUSANA FRAGUELA VALE

Xornalista da primeira promoción en Galicia; os anos de carreira serviron para que se namorase dunha cidade sen mar e formase a súa segunda familia, a escollida. Cos anos e as visitas ao seu fogar, Cariño, foi fusionando coa súa primeira familia, a de sangue. O seu vicio polas viaxes levouna ata Escocia, onde tamén botou raíces.

Ler e escribir son as súas dúas vocacións. Como non atopou a maneira de vivir diso, dedícase á comunicación, que a trouxo de volta a Santiago. Enfiando a vida é a súa primeira novela galardoada, pero unha chea de relatos curtos dan testemuño do seu labor como letraferida.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña