“A integración da natureza co pobo de Redes é total”. Iso é o que comenta Ernesto López Naveiras, presidente de honra da Agrupación Instrutiva de Caamouco, á hora de falar dun espazo que estivo, está e estará en simbiose constante co mar.

Comparte esta nota de prensa

Un lugar pesqueiro pequeño (“7 rúas e 3 prazas”, di Ernesto) que podes coñecer de dúas maneiras: ben botándolle unha ollada a este vídeo, ben animándote a acudir en persoa e percorrer Redes nunha das novas rutas de sendeirismo feitas pola Concellaría de Deportes no marco do proxecto “Ares Descobre”.

Case 6 quilómetros de distancia para pasear por unha vila singular; 6 quilómetros para descubrir unha fonda cultura mariñeira!

Atoparás máis información do roteiro no perfil do Concello en Wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-4-porto-de-redes-114653214.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña