Ares presenta a Festa do Arroz con Garrafón

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa contará co especialista paelleiro José Aira, que fará un arroz nunha paella xigante de case dous metros de diámetro con ingredientes que aluden a unha frase do veciño Ramón Rey, alcumado ‘Garrafón‘ e falecido en 1982: ‘Por terra, mar e aire e por debaixo do auga!”.

O Concello e a Comisión de Festas do Mar Ares 2024 organizarán conxuntamente unha das principais novidades deste verán en Ares. Trátase da 1ª Festa do Arroz con Garrafón, unha innovación gastronómica que complementa ao resto de oferta do período estival.

Así, Alma Barrón, concelleira de Cultura, xunto con Gloria Rodríguez e Marta Cobelo, presidenta e tesoureira respectivamente da Comisión de Festas do Mar, presentaron onte no consistorio a iniciativa e afondaron nas súas particularidades.

O xoves, 25 de xullo, dende as 13:00 horas no Parque Rosalía de Castro, a veciñanza poderá degustar un arroz feito polo especialista paelleiro José Aira con polo, langostinos, mexilón, pota e un tipo de faba característica do sur de España, o garrafón; todos ingredientes que aluden á frase de Ramón Rey, vociferada en moitas ocasións nos seus percorridos por Ares: ‘por terra, mar e aire e por debaixo do auga…’.

Ademais, a festa incorporará unha paella de 1,90 metros de diámetro coa que se servirán entre 600 a 700 racións desta receita, acompañadas de auga ou viño e pan baixo un prezo de 10 euros.

 

CARTEL 1ª FESTA ARROZ CON GARRAFON

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña