A exposición fotográfica “Capturando a Natureza” de Lost in Woodlands Photography, do fotógrafo Álvaro Lamas, deu comezo hoxe na Casa da Xuventude

Comparte esta nota de prensa

Álvaro Lamas explorou as paisaxes de Ferrolterra, Ortegal, Mariña Lucense e os seus arredores, e agora tráenos unha selección de imaxes que nos transportarán a estes lugares. O seu proxecto fotográfico, Lost in Woodlands Photography, revela en cada instantánea a súa visión e interpretación da natureza nestes rincóns da xeografía máis próxima a nós.

A mostra estará dispoñible ata o 27 de xuño, con horario de visita, de luns a venres, de 9:00 a 14:00h e de 16:30 a 19:30h.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.