A exposición de pintura ‘Un paso adelante’ chega á Casa da Xuventude aresá

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura, xunto coa Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA), organiza a partir de mañá, 20 de xuño, unha mostra pictórica no andar superior da Casa da Xuventude de Ares, desta volta coas pinturas de José Luis Serrano Volcán, artista venezolano radicado en Ourense, baixo o nome ‘Un paso adelante’.

Serrano Volcán caracterízase polo emprego das cores e o xogo pictórico, entendendo o arte como un impulso para camiñar cara o amor. É o contraste cromático un dos trazos fundamentais das súas abstraccións, con figuras simbólicas de cores profundas e intensas. E pode ser que entre os seus cadros a veciñanza tamén se atope un peixe: o símbolo que emprega José Luis Serrano Volcán para amosar a transformación vital, a figura que agroma nel cando se produce un cambio importante na súa vida e carreira artística.

A exposición estará dispoñible de luns a venres, en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) e incorporando os xoves e venres unha franxa de tarde (de 17:00 a 19:30 horas). Poderá visitarse até o 30 de xuño con entrada totalmente de balde.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña