A Escola de Música Laura Morgade pechou o seu curso cunha Ópera Infantil na Alianza Aresana

Comparte esta nota de prensa

A música do piano reverberou no salón de actos da Alianza Aresana durante a semana pasada, no marco da Ópera Infantil que promoveu a Escola de Música Laura Morgade en colaboración co Concello para dar por rematado o seu curso.

O xoves foi momento de desfrutar das composicións dos seus alumnos e alumnas de 4 a 15 anos facendo realidade ‘Os mestres cantores de Nuremberg’, adaptada pola súa mestra e incorporando tamén a poesía de Rosalía de Castro. Unha actuación da que gozaron pais, nais e veciñanza en xeral.

Mozart, Bach ou Grieg, a través da destreza do alumnado da Escola, regresaron ao noso tempo grazas á música.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña