A cuarta ruta do SendAres finaliza redescubrindo o patrimonio natural da localidade

Comparte esta nota de prensa

Na mañá de onte, preto de 35 sendeiristas percorreron a costa aresán no penúltimo itinerario que se organiza baixo a programación municipal do SendAres (tempada inverno-primavera). Coa climatoloxía a favor e atravesando espazos de Lubre e Cervás ata acadar Chanteiro, gozáronse das vistas dos cantís e da beleza das calas, tamén da Illa das Mirandas ou do Castro de Santa Mariña.

O itinerario deste domingo, fronte a outras experiencias sendeiristas previas, fixo fincapé na riqueza litoral e o patrimonio natural de Ares, unha paisaxe de gran valor redescuberta a partir da práctica deportiva que xa podes apreciar aquí embaixo!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.