A Cova dos Mouros
A Cova dous Mouros é unha cova escavada nun pequeno cantil situado na costa. Conta cunha altura aproximada na súa entrada de 1,8 metros que segundo avanza diminúe e o seu ancho aproximado é de 1 metro. Está situada no medio da natureza e a súa forma e localización dan lugar a numerosas lendas que se desenvolveron ao longo dos anos.
![Xunqueira-2](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2021/05/Xunqueira-2-1-768x512.jpg)
![Xunqueira-1](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2021/05/Xunqueira-1-1-768x512.jpg)
![Xunqueira](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2021/05/Xunqueira-768x512.jpg)