A Corporación aproba dúas declaracións institucionais para rexeitar rotundamente o conflito de Ucraína

Comparte esta nota de prensa

A maiores, tamén se proxecta dende a noite pasada as cores da bandeira ucraína sobre a casa consistorial, nun acto de respecto e cariño cara a poboación do país.

Todos os grupos políticos que compoñen a corporación municipal aprobaron por unanimidade, na sesión plenaria de onte, acollerse ás declaracións institucionais emitidas pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). A través dos escritos, tanto os dous entes representativos coma o conxunto da Corporación aresán condenan os ataques e o despregue militar en Ucraína perpetrado polo goberno ruso.

As declaracións supoñen un apoio firme á poboación ucraína, que se estende tamén aos 112.034 ucranianos que residen en España, segundo a mesma FEMP, e ós labores da comunidade internacional para o restablecemento da paz e o respecto dos dereitos humanos.

Así mesmo, a fachada da casa consistorial de Ares ilumínase xa dende onte coas cores da bandeira de Ucraína nun xesto simbólico de solidariedade co país. “É, tamén, unha mostra de cariño e respecto ós nosos veciños ucraínos de Ares e as súas familias, nun momento tan difícil como o actual”, en palabras do alcalde da localidade, Julio Iglesias.

Declaración institucional FEMP:

Declaracin-FEMP_CondenaAgresinFederacinRusaaUcrania

Declaración institucional FEGAMP

Declaracion_FEGAMP_invasionucrania

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña