A Copa de España de Enduro enche Montefaro do mellor ciclismo nacional

Comparte esta nota de prensa

A quinta e última proba da Copa de España de Enduro volveu á vila de Ares da man do Club Pulpeiros de Mugardos e converteu a contorna de Montefaro no escenario perfecto para achegarse a unha mostra de ciclistas chegados de todo o territorio nacional.

Durante toda a fin de semana, os bikers percorreron os 5 tramos cronometrados, un total de 36,16 quilómetros de percorrido e 1.263 metros de desnivel, dentro desta competición que sitúa á nosa localidade no mapa do BTT e que conta coa colaboración dos Concellos de Ares e Mugardos.

Asistiu ao acto de entrega de galardóns Alma Barrón, edila de Deportes, que parabenizou ao Club Pulpeiros de Mugardos por continuar tendo éxito na organización dun evento de tanta relevancia deportiva.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña