A Concellería de Cultura anunciou a apertura da recepción de obras para o XVI Concurso de Pintura Manuel Rebón, que se realiza en colaboración co CIRS de Cervás.

Comparte esta nota de prensa

As persoas interesadas poderán entregar os seus cadros, que poden ter calquera temática e estar feitos con óleo ou acrílico, desde o próximo luns,  4 de setembro, ata o martes 12 de setembro na Biblioteca Municipal, situada no edificio da Alianza Aresana (rúa  María, 11). O horario de recepción será de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.

Os traballos presentados deben ter un tamaño próximo aos 110×110 centímetros, incluíndo o marco. Os cadros deben estar enmarcados ou preparados para a súa exposición, é dicir, cos bordos finalizados.

O xurado, composto por persoas vinculadas ao ámbito cultural, anunciará o veredicto o venres 15 de setembro. Outorgaranse premios de 1.400 euros para o primeiro lugar, 550 euros para o mellor pintor/a local e 300 euros divididos en dúas mencións honoríficas de 150 euros cada unha.

Finalmente, as obras seleccionadas exhibiranse nunha exposición que terá lugar do 20 ao 30 deste mesmo mes nas instalacións do CIRS.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,