A Concellería de Benestar anuncia a actividade +70 para mellorar Hábitos Saudables en Persoas de Idade Avanzada

Comparte esta nota de prensa

Esta iniciativa da Concellaría de Benestar busca proporcionar un espazo integral onde as persoas maiores de 70 anos poidan fortalecer o seu benestar físico e emocional, contribuíndo así a unha vida máis activa e emocional, contribuíndo así a unha vida máis activa e saudable.

A actividade +70 levarase a cabo todos os venres, de 10 a 11 da mañá, no Pavillón Deportivo Para aqueles interesados en coñecer máis sobre a actividade +70, realizarase unha Xornada de Portas Abertas o venres 24 de novembro, de 10:00 a 11:00 horas, no mesmo lugar.

Co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 70 anos no Concello de Ares, a Concellaría de Benestar, presenta a actividade +70, unha iniciativa interdisciplinaria que ten como obxectivo fomentar hábitos saudables e un estilo de vida activo neste segmento da poboación.

A actividade +70 céntrase en proporcionar alternativas saudables na vida diaria, baseándose en catro piares fundamentais: o exercicio físico, a psicoloxía , a alimentación e a fisioterapia. O enfoque interdisciplinario aborda diversas dimensións do benestar das persoas maiores, promovendo un estilo de vida activo para vivir de maneira máis plena e saudable.

Na parte de educación física o programa inclúe exercicios deseñados para mellorar a funcionalidade do organismo, abarcando aspectos como a forza, a mobilidade articular, o equilibrio, a coordinación e a resposta cardiorespiratoria.

En canto á parte de psicoloxía, ofreceranse ferramentas para manter a motivación diaria, xestionar a información, e valorar a importancia das relacións sociais e afectivas nesta etapa da vida.

Xa no ámbito da alimentación, a actividade presentará ideas e proporcionará información contrastada para aproveitar o potencial terapéutico do proceso de nutrición.

Ademais, dentro do plano da fisioterapia, brindarase apoio para comprender as  múltiples afeccións comúns en persoas maiores, así como mostrar tratamentos e consellos sinxelos para mellorar a dor e a limitación funcional.

A actividade +70 levarase a cabo todos os venres, de 10 a 11 da mañá, no Pavillón Deportivo Municipal. Para aqueles interesados en coñecer máis sobre a actividade +70, realizarase unha Xornada de Portas Abertas o venres 24 de novembro, de 10:00 a 11:00 horas, no mesmo lugar. Os participantes deberán inscribirse previamente no Departamento de Servizos Sociais ou chamando ao teléfono 981 448 354.

As inscricións para a actividade xestionaranse a través dos Servizos Sociais do Concello de Ares. O custo mensual da actividade é de 10€ (unha vez confirmada a praza), e disponse dun total de 15 prazas.

Pódeche interesar